Concello de Carballo. Adxudicadas as obras de construción do centro social de Ardaña, que serán financiadas con fondos municipais con 311.333 euros

O edificio foi concibido segundo as necesidades do movemento asociativo da parroquia.

A Xunta de Goberno Local adxudicou hoxe á empresa Construcciones López Cao as obras do centro social de Ardaña, que serán financiadas integramente con fondos municipais. O Concello de Carballo investirá 311.333 euros no edificio, que arrancará en breve e estará rematado este mesmo ano.

Obras no Pavillón polideportivo do CEIP San Luís Romero

http://www.carballo.org/novas.php?id=4771&idioma=gl&sec=30

O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deporte e Cultura, Marcos Trigo, expuxeron os plans do goberno municipal á directora do CEIP San Luís Romero, Marisa López. Na reunión participou tamén o arquitecto Fernando Añón, que está traballando na redacción do proxecto do pavillón polideportivo do colexio. Esta obra, que acada os 131.062,58 euros, será financiada integramente con fondos municipais e incluirá o peche da pista, a iluminación, a pintura de vigas e piares e a mellora da accesibilidade dende o propio centro. A directora solicitou tamén unha serie de actuacións complementarias, como a construción de aseos e un almacén, que serán incluídos ou ben no propio proxecto ou como melloras de obra.